24 Ene Celquisan Global, visitarán nas próximas semanas ás persoas que solicitaron un composteiro doméstico
Os técnicos da empresa encargada dos labores de compostaxe da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, Celquisan Global, visitarán nas próximas semanas ás persoas que solicitaron un composteiro doméstico durante o ano 2023 (un total de 326).
A realización destas visitas asegura a boa implantación do Programa de Compostaxe Doméstica, ao que cada vez se suman máis vecinos e veciñas. Con estes seguimentos resolveranse as dúbidas das persoas usuarias e solucionaranse as posibles incidencias que poden xurdir, un proceso no que a taxa de abandono diminúe e o nivel de satisfacción aumenta.
Isto vaise traducir nunha maior aceptación da compostaxe como método de valorización dos residuos e unha maior visibilidade das actuacións da Mancomunidade neste ámbito. Toda a información recollida nos seguimentos é necesaria para ter un control do programa de compostaxe doméstica, e a empresa encargada de facer os seguimentos chamará previamente a cada persoa usuaria para concretar unha data e hora para realizar a visita.
Todas as persoas interesadas en obter un composteiro doméstico poderán solicitalo de balde a través do seguinte formulario.