Hai varias alternativas para xestionar os restos de xardíns e hortas. Por favor, nunca os deposites no colector verde.
- Os restos de herba, pódense amorear nun curruncho no que non molesten e deixar que se composten naturalmente.
Solicitude de biotrituradoras
A Mancomunidade adquiriu biotrituradoras eléctricas que están dispoñibles para préstamo gratuíto nos concellos de Bueu, Cangas e Moaña e pódense utilizar para triturar podas miúdas de froiteiras.
Para solicitalas, só tes que facelo no rexistro ou sede electrónica do teu concello achegando o recibo do lixo. O préstamo será por un máximo de cinco días.
Pódense levar os restos de herba e podas ao punto limpo. É gratuíto para a cidadanía presentando o recibo do lixo. Horario do punto limpo:
Luns, Martes, Xoves, Venres e Sábados
de 09:00 a 13:00 - 16:00 a 19:00
Mércores PECHADO