Residuos reciclables

Sen separación non hai reciclaxe!

A maior parte dos residuos que producimos son reciclables, é dicir, poden ter unha segunda vida. Para que isto sexa posible, deben ser separados por materiais (papel, metal, plásticos e demais) e depositados nos colectores apropiados ou ben no punto limpo.

Aquí tes unha pequena guía para saber onde ten que ir cada cousa.

Envases lixeiros

Son fundamentalmente:

Punto verde

Só se son depositados nos colectores amarelos serán destinados á reciclaxe. Pódense recoñecer porque levan o punto verde.

Vidro

O vidro é un material 100% reciclable infinitas veces para facer novos envases de idénticas características sen perder propiedades. Ademais é inerte, quere dicir que non interactúa nin física nin quimicamente co medio.

Pódense depositar nos iglús verdes: tarros, frascos e botellas. Cousas que non poden ir no iglú: xanelas, espellos, vasos e copas, pratos e vaixelas, lámpadas, cerámica, tapas e tapóns e envases con medicamentos.

Punto verde

Pódense recoñecer porque levan o punto verde.

Papel e cartón

Neste colector deben depositarse exclusivamente:

Non se deben depositar bricks, papel de cociña usado (pode ir coa materia orgánica), nin cueiros e compresas (deberán ir ao colector de resto).

É moi importante depositar as caixas encartadas para que non saturen os colectores.

Punto verde

Pódense recoñecer porque levan o punto verde.

Voluminosos

Se te queres desfacer de mobles ou colchóns, existen varias opcións.

Restos vexetais

Hai varias alternativas para xestionar os restos de xardíns e hortas. Por favor, nunca os deposites no colector verde.

- Os restos de herba, pódense amorear nun curruncho no que non molesten e deixar que se composten naturalmente.

- Solicitude de biotrituradoras
A Mancomunidade adquiriu biotrituradoras eléctricas que están dispoñibles para préstamo gratuíto nos concellos de Bueu, Cangas e Moaña e pódense utilizar para triturar podas miúdas de froiteiras.
Para solicitalas, só tes que presentar unha instanscia no rexistro ou sede electrónica do teu concello adxuntando o recibo do lixo. O préstamo será por un máximo de 5 días.
Enlaces ás sedes electrónicas.

- Punto limpo
Pódense levar os restos de herba e podas ao punto limpo. É gratuíto para a cidadanía presentando o recibo do lixo.

Aceite de cociña

O aceite sobrante de cociñar ou das latas de conserva, nunca se debe botar polo vertedoiro xa que obstrúe as tubaxes e favorece a aparición de malos cheiros. O aceite usado é un dos principais contaminantes dos mares e ríos, xa que impide o intercambio de osíxeno o que asfixia os seres vivos.
1 litro de aceite pode contaminar máis de 1.000 litros de auga.

Se te queres desfacer do aceite de cociña, existen varias opcións.

Podes solicitar, de xeito gratuíto, o teu funil: info@mancomunidadedomorrazo.gal

Téxtiles

Os residuos téxtiles compóñense fundamentalmente de roupa de vestir, calzado e téxtil dos fogares.
O sector téxtil é un dos sectores económicos con maior impacto ambiental, pois é o segundo que máis consume auga e o responsable do 8-10% das emisións de CO2 no mundo (UN Environment Programme, 2019).

Máis dun millón de toneladas de residuos téxtiles son xerados cada ano no estado -uns 20-30 quilos por persoa-, dos que apenas se recollen 110.000 toneladas, o que tan só representa un 10 %, polo que o resto deposítase noutras fraccións ata acabar finalmente nun vertedeiro.


Opcións para os residuos téxtiles:

CONTACTO

Correo de atención á persoa usuaria

info@mancomunidadedomorrazo.gal