Compostaxe individual

Como realizar a compostaxe caseira?

Compostaxe individual
Se dispós de horta ou xardín podes anotarte para recibir un composteiro individual. Entrégase de maneira gratuíta xunto cunha formación básica para aprender o manexo e coidados para elaborar o teu propio compost. Ademais, faranse visitas de seguimento para resolver as dúbidas no proceso de compostaxe.

Recomendacións

Recoméndase instalar o composteiro enriba da terra. Antes, coloca aproximadamente 1 metro de malla metálica electrosoldada (de 1 cm2 de luz de malla) debaixo para impedir a entrada de animais indesexados. Unha vez posta a malla, coloca o composteiro enriba, ben asentado.

Unha vez montado, bota unha capa de follas ou madeira triturada no fondo, de aproximadamente 10 cm, para que sirva de cama que facilita o paso do aire.

Xa podes comezar a compostar, achegando os residuos de cociña. Lembra que canto máis pequenos, antes se descomporán. Cada vez que engadas restos de comida, será necesario cubrilos ben co estruturante (follas secas, herba seca, madeira triturada, serraduras,…)

De cando en vez, remexe co aireador ou coa gancha. No caso de que estea seco, engade auga aos poucos sen enchoupar o material.

Como adherirse ao programa
de Compostaxe Doméstica ?

NON TEÑO COMPOSTEIRO.
Solicitar composteiro individual á Mancomunidade

Ao solicitar un composteiro individual, a persoa solicitante queda automaticamente adscrita ao Programa de Compostaxe Doméstica, podendo beneficiarse das bonificacións previstas.

XA TEÑO COMPOSTEIRO PROPIO.
Adherirme ao Programa de Compostaxe Doméstica

As persoas que xa dispoñen dun composteiro propio poden adherirse ao Programa de Compostaxe Doméstica para acceder ás bonificacións e participar nas actividades de formación e seguimento.

CONTACTO

Correo de atención á persoa usuaria

info@mancomunidadedomorrazo.gal