Solicitar composteiro individual

Composteiros individuais

Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada en O Morrazo, poderá solicitar de xeito gratuíto un composteiro individual comprometéndose a destinalo ó tratamento de residuos orgánicos. As persoas solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguemento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo. Os composteiros entregaranse por orde de inscrición. Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada das solicitudes.

MT975T - Implantación da recollida separada de biorresiduos mediante a compostaxe doméstica (in situ) na Mancomunidade de Concellos do Morrazo.
Actuación financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), para o impulso da economía circular na xestión de residuos municipais.
Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU