Está situado no monte Abelar, Cangas, a carón do polígono de Castiñeiras (saída 1 do corredor do Morrazo).
Este centro presta servizo a toda a veciñanza de Cangas, Bueu e Moaña que presenten o xustificante de ter aboado o recibo do lixo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo.
O horario de apertura é luns, martes, xoves, venres e sábados de 09:00 a 13:00
- 16:00 a 19:00. Mércores PECHADO.
Admítense, en xeral, os residuos que polo seu tamaño ou composición non poidan depositarse nos colectores da rúa.
Unha vez depositados, son clasificados correctamente e terán diferentes destinos segundo as súas características.