![](https://mancomunidadedomorrazo.gal/wp-content/uploads/2022/10/foto-compostaxe-2.jpg)
Que é a compostaxe?
A compostaxe é un proceso natural no que os restos de materia orgánica se descompoñen converténdose nun fertilizante natural, o compost. Deste xeito, todos os compoñentes dos restos de alimentos, animais e plantas recíclanse volvendo á terra para servir de alimento a novos seres vivos. É levada a cabo principalmente por microorganismos descompoñedores (bacterias e fungos) e animais detritívoros (como as miñocas). Tradicionalmente, facíase.