Apertura de novos Centros de Compostaxe Comunitaria en Moaña

Apertura de novos Centros de Compostaxe Comunitaria en Moaña

O pasado día 19 puxéronse en marcha os Centros de Compostaxe Comunitaria instalados no Concello de Moaña (Rúa As Barxas, Av. Fragata Lealtad e Porto Deportivo de Domaio).

Levouse a cabo unha carpa informativa onde se entregaron cubos marróns aos veciños interesados en participar nos Centros de Compostaxe e os técnicos encargados do mantementos dos centros explicaron o funcionamento dos mesmos e resolveron as dúbidas formuladas polos asistentes. 

Tamén se repartiron composteiros individuais, aireadores e termómetros a aquelas persoas que os solicitaron previamente.  

Todos aqueles veciños que non puideron asistir este dia e que estean interesados en participar no Centro de Compostaxe poden solicitar o seu caldeiro ao Mestre Composteiro.