15 Nov Vehículo 100% eléctrico para o desenvolvemento do servizo
Publicado 09:06h
en Mancomunidade do Morrazo
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo fíxose cun vehículo 100% eléctrico para o desenvolvemento do servizo dunha maneira máis respectuosa co medio ambiente. Substitúe, desta forma, ao actual vehículo diésel que ten este ente supramunicipal.
O novo vehículo supoñerá unha mellora na eficiencia e fomento do uso das enerxías renovables, axudando a reducir o impacto no medio ambiente e a promover a mobilidade sostible.
Será utilizado polo persoal da mancomunidade para tarefas nas que é imprescindible realizar saídas ao campo.
O contrato da compra do vehículo é de 40.000 euros , dos que o 65% (26.000 euros) aportaraos o Fondo de Compensación Ambiental.