08 Ago Aberto o trámite de consulta pública previa sobre a futura Ordenanza de residuos municipais da Mancomunidade do Morrazo
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo abriu o prazo de consulta pública previa á elaboración da futura Ordenanza reguladora do servizo de xestión integrada dos residuos municipais, segundo os principios da economía circular e conforme á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Este trámite realízase en cumprimento do artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de recoller a opinión da cidadanía, organizacións e entidades potencialmente afectadas pola futura regulación
Prazo para presentación de achegas:
Do 8 ao 29 de agosto de 2025 (ambos incluídos).
Como participar:
Durante este prazo, calquera persoa ou entidade interesada poderá presentar suxestións, comentarios ou propostas.
As achegas poderán presentarse a través do rexistro presencial ou electrónico da Mancomunidade, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Obxecto da consulta:
A futura ordenanza pretende:
- Establecer un marco normativo común para a xestión integrada dos residuos municipais nos concellos da Mancomunidade.
- Regular o funcionamento do servizo público, os seus mecanismos de prestación, organización e control.
- Definir os deberes das persoas usuarias e fomentar a súa corresponsabilidade na separación e entrega correcta dos residuos.
- Detallar a tipoloxía de residuos urbanos e as obrigas legais vixentes en canto á súa separación, entrega e xestión.
- Regular o uso dos puntos limpos.
- Establecer un réxime sancionador, orientado a corrixir incumprimentos e garantir o bo funcionamento do sistema.
Esta iniciativa pretende dar resposta aos retos actuais na xestión dos residuos e avanzar cara a un modelo máis sustentable, eficiente e coherente coas esixencias normativas da economía circular.
Documentación e detalles:
Pódese consultar toda a información relacionada, no documento completo dispoñible a continuación (descargable en formato PDF).»