19 Sep Apertura do Centro de Compostaxe Comunitaria da rúa dos castiñeiros
O día 14 de setembro, a Mancomunidade de Concellos do Morrazo inaugurou o Centro de Compostaxe Comunitaria sito na Rúa dos Castiñeiros, no Concello de Cangas.
O persoal técnico de Mancomunidade e o Mestre Composteiro, encargado do mantemento e control do centro, estiveron presentes para informar e resolver as dúbidas da veciñanza. Así mesmo, fíxose entrega dos caldeiros marróns aos veciños que se aproximaron ata alí.
Nesta instalación toda a veciñanza interesada poderá reciclar os residuos orgánicos de xeito separado do restos de residuos, para o seu aproveitamento como compost.
A participación e a axuda de todos é esencial para o bo funcionamento deste centro. Para acadalo só hai que ter en conta o seguinte:
- Neste Centro débense depositar unicamente residuos orgánicos.
- Os Mestres Composteiros farán o mantemento do centro e serán os encargados de que a compostaxe se realice correctamente.
- Se precisa información adicional pode contactar a través do correo info@mancomunidadedomorrazo.gal ou través da páxina web www.mancomunidadedomorrazo.gal
Todos aqueles veciños que non puideron asistir este día e que estean interesados en participar no Centro de Compostaxe poden solicitar o seu caldeiro ao Mestre Composteiro.