21 Sep A Mancomunidade amplía o servizo de préstamo de biotrituradoras
A Mancomunidade de Concellos do Morrazo vén de adquirir unha biotrituradora, ampliando e mellorando así, o servizo de préstamo gratuíto desta maquinaria.
Esta nova trituradora, foi cofinanciada mediante a subvención feita pública en virtude da Orde do 30 de novembro de 2021 (D.O.G. Núm. 238, do 14 de decembro de 2021) – Axudas a entidades locais de Galicia para a financiación de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU -.
A diferencia das 9 trituradoras eléctricas que xa estaban a disposición da veciñanza, a nova trituradora ten motor de combustión (gasolina) e unha maior capacidade de trituración (ata 6 centímetros de diámetro).
Con este servizo facilitamos que os veciños, que dispoñen dunha horta ou xardín, trituren a súa propia fracción vexetal (podas domiciliarias de árbores e froiteiras, viñas, árbores ornamentais e restos de xardinería) e a utilicen nos seus composteiros ou horta, evitando que os restos vexetais acaben no servizo de recollida ordinario.