Compostaxe individual

Como realizar a compostaxe caseira?

Compostaxe individual
Se dispós de horta ou xardín podes anotarte para recibir un composteiro individual. Entrégase de maneira gratuíta xunto cunha formación básica para aprender o manexo e coidados para elaborar o teu propio compost. Ademais, faranse visitas de seguimento para resolver as dúbidas no proceso de compostaxe.

Recomendacións

Recoméndase instalar o composteiro enriba da terra. Antes, coloca aproximadamente 1 metro de malla metálica electrosoldada (de 1 cm2 de luz de malla) debaixo para impedir a entrada de animais indesexados. Unha vez posta a malla, coloca o composteiro enriba, ben asentado.

Unha vez montado, bota unha capa de follas ou madeira triturada no fondo, de aproximadamente 10 cm, para que sirva de cama que facilita o paso do aire.

Xa podes comezar a compostar, achegando os residuos de cociña. Lembra que canto máis pequenos, antes se descomporán. Cada vez que engadas restos de comida, será necesario cubrilos ben co estruturante (follas secas, herba seca, madeira triturada, serraduras,…)

De cando en vez, remexe co aireador ou coa gancha. No caso de que estea seco, engade auga aos poucos sen enchoupar o material.

Formulario de solicitude composteiros individuais

Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con terreo ou xardín, nos concellos da Mancomunidade poderá solicitar de xeito gratuíto un composteiro individual.

CONTACTO

Correo de atención á persoa usuaria

info@mancomunidadedomorrazo.gal