Formulario de solicitude

Inscrición ao programa de implantación do contedor marrón

A presente solicitude está dirixida a persoas físicas titulares dunha vivenda e a persoas físicas ou xurídicas titulares dunha actividade económica con establecemento no ámbito territorial da Mancomunidade do Morrazo, co fin de participar no programa de implantación do contedor marrón para a recollida separada da fracción orgánica.

A inscrición implica a aceptación expresa das condicións de uso do servizo, así como o compromiso de realizar unha correcta separación da materia orgánica nos termos establecidos pola Mancomunidade.

IMPORTANTE: Os datos do titular, DNI/NIE/CIF e dirección do inmoble deberán coincidir cos que figuren no recibo da taxa de lixo.