Se queres participar nos composteiros comunitarios só tes que:
Separar ben na casa os residuos de cociña. É moi importante que só se boten residuos orgánicos, e non outros, como envases de plástico, latas, envases de medicamentos…
Como participar dos Centros de Compostaxe Comunitaria?
O composto que se produza no centro de compostaxe será para a veciñanza que participa no plan e, se é o caso, para a mellora dos xardíns municipais.
1
Separa o lixo orgánico na casa
2
Verte o lixo orgánico no módulo de achega sinalado sen bolsa
3
Cubre os restos orgánicos co triturado existente no caixón de estruturante
4
Pecha a tapa do módulo de achega
5
Se trouxeches os restos nunha bolsa plástica, tíraa no colector amarelo
Que se pode compostar?
Froitos secos
Pousos de café
Froita e verduras
Peixe e espiñas
Pan
Carne e ósos
Cascas de ovos
Restos de comidas
Papel branco de cociña
Infusións
As mestras composteiras serán quen se encarguen da supervisión e das labores de mantemento dos centros.
O compost producido será repartido gratuitamente entre a veciñanza para o seu propio uso. Podes poñerte en contacto coas mestras composteiras se queres dispoñer del ou se tes algunha dúbida.
Módulo ACHEGA
Nos centros de compostaxe comunitaria, só hai un módulo que está aberto, é dicir, que non ten cadeado. Abre a tapa e deposita os teus residuos no interior. No caso de usar bolsa compostable, baleira a bolsa e despois podes deixala tamén no interior.
Caixón estruturante
A carón de cada centro, sempre hai un caixón cheo de triturado de madeira cun caldeiro dentro. É moi importante que deixes os teus restos de comida tapados co triturado de madeira.
Por último, deixa a tapa do módulo pechada.
Vídeo sobre compostaxe
CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIA
As mestras composteiras son as encargadas de que a compostaxe se realice correctamente. Vixiarán a humidade, a temperatura e a aireación do proceso da compostaxe para aumentar a calidade do compost final. Tamén resolverá calquera dúbida da veciñanza.