Biorresiduos

Os residuos orgánicos, restos de comida e vexetais, son os máis abundantes de todos os residuos municipais. Como media, supoñen aproximadamente a metade do lixo total dos fogares e pequenos comercios. Grazas á súa biodegradabilidade, pódense reciclar de maneira sinxela no mesmo lugar onde se producen, polo que se evita que haxa que transportalos, e isto aforra emisións e custos asociados ao transporte.

A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados establece, para o 2020, que a cantidade de residuos domésticos destinados ao reciclado para as fraccións de papel, metais, vidro, plástico, biorresiduos ou outras fraccións reciclabeis deberá alcanzar como mínimo o 50% en peso. Ademais, establece que as entidades locais adoptarán as medidas necesarias para posibilitar a separación e a reciclaxe en orixe dos biorresiduos mediante a compostaxe doméstica e comunitaria ou a súa recollida separada e posterior transporte e tratamento en instalacións específicas de reciclado.

Que é a compostaxe?

A compostaxe é un proceso natural no que os restos de materia orgánica se descompoñen converténdose nun fertilizante natural, o compost. Deste xeito, todos os compoñentes dos restos de alimentos, animais e plantas recíclanse volvendo á terra para servir de alimento a novos seres vivos. É levada a cabo principalmente por microorganismos descompoñedores (bacterias e fungos) e animais detritívoros (como as miñocas). Tradicionalmente, facíase.

Beneficios da compostaxe

O compost é un fertilizante natural, que presenta múltiples beneficios:


Como podo participar?

Se dispós de horta ou xardín podes anotarte para recibir un composteiro individual.

Se vives preto dun Centro de Compostaxe Comunitaria, podes participar gratuitamente.

Realízase a recollida de residuos orgánicos para grandes produtores, como restaurantes e comedores de colexios.

Que podo botar no composteiro?

Os restos da cociña

Restos de froita e verdura

Carne e peixe
(incluídos ósos e espiñas)

Pan e ovos

Pousos e filtros de café e infusións

Arroces e pastas

Marisco
(incluídas as cunchas)

Iogures

Froitos secos

Os restos do jardín

Folla, flores e plantas
(verdes ou secas)

Herba

Restos de poda triturados

Palla

En pequenas cantidades

Serraduras e cinzas de madeira sen tratar

Cartón, cartón dos ovos (en anacos)

Panos de mesa, bolsas e envases de papel

O compost será mais rico canta máis variedade de restos botemos no composteiro. Pódense botar os restos de comida crus ou cocinados e canto máis pequenos mellor xa que se desfarán antes.

Que non se debe botar no composteiro?

Excrementos

Tecidos sintéticos e artigos de pel

Medicamentos

Produtos hixiénicos

Residuos destinados a recollida selectiva

Restos líquidos de comida ou aceites

Filtros de cigarros ou cinzas

Elementos destinados ao punto limpo

Compostaxe individual

Para máis información, accede ao parágrafo Compostaxe individual.

Compostaxe comunitaria

Para máis información, accede ao parágrafo Compostaxe comunitaria.

CONTACTO

Correo de atención á persoa usuaria

info@mancomunidadedomorrazo.gal